O xornalista Fran P. Lorenzo gaña o Blanco Amor de Novela

Fran P. Lorenzo
Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo (Vigo, 1973) entra no campo da literatura galega pola porta grande. Este coñecido xornalista do que fora Galicia Hoxe e agora de El Correo Gallego acaba de gañar un dos grandes premios de novela do país: o Blanco Amor. O galardón, dotado con 12.000 euros, facilitará que nos vindeiros meses apareza “Cabalos e lobos” nas librarías galegas.

O fallo tivo lugar este mesmo martes no Concello de Redondela. O xurado composto por X.L. Franco Grande, Camiño Noia Campos, Olivia Rodríguez González e Xosé A. Palacio Sánchez decidiu por unanimidade distinguir o orixinal de Fran P. Lorenzo.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*