Haddon, Boyne, D. Villar e Fernández Paz, os preferidos do alumnado

M. Haddon
M. Haddon

Que é o que len os estudantes de ensino

D.Villar
D.Villar

medio? Contestar con certeza a esta pregunta é misión moi arriscada. Aínda así, podemos ter unha idea aproximada consultando as memorias de máis de 200 clubes de lectura doutros tantos centros de ensino secundario do país relativas oa curso 2013/2014. Na listaxe de títulos máis lidos en lingua galega están A praia dos afogados, de Domingo Villar; e Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Nos primeiros postos de obras máis demandadas tamén están Futuro imperfecto, de Xulia Alonso; Todos somos, de Marcos Calveiro; e Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.

Só atopamos dous libros máis lidos polo alumnado que os de Domingo

J. Boyne
J. Boyne

Villar e Fernández Paz. As obras que ocupan os primeiros postos son a novela O

Fernández Paz/ Foto: P. Vilabarros
Fernández Paz/ Foto: P. Vilabarros

curioso incidente do can á medianoite, do inglés Mark Haddon e O neno do pixama de raias, do irlandés John Boyne. Outros autores foráneos que contan coa beizon dos estudantes son J.D.Salinger, polo seu clásico O vixía entre o centeo, e o brasileiro José Mauro de Vasconcelos, con A miña planta de laranxa lima.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*