Bookpackers

Un texto de Elba Becerra

Elba Becerra
Elba Becerra

Xa foi o Día Internacional da Biblioteca (24 de outubro), e aquí nos atopamos nun momento da historia no que hai que defender estas sagradas institucións, e lembrar que son máis necesarias que nunca, xa que representan a democratización do aceso a información por excelencia. Lugares de encontros, de evasión, de descubrimentos, de apoio e de ocio. Un servizo eficiente e definitivamente imprescindible.

Tamén son importantes lugares de aprendizaxe, unha forma de educación colectiva moi valiosa. E así a biblio crea comunidades ó mesmo tempo que divulga. Por suposto, non deberiamos esquecer a súa función de animación á lectura. Nun tempo no que as formas de ler parece que dependen exclusivamente do dispositivo que se escolla…xa pode ser un libro ou un móbil. Ó fin trátase máis ben dunha diferencia de forma polo tanto non será tan esencial.

Sen embargo formas de ler hai moitas, que, aínda que non afecten ó contido da obra, terán consecuencias seguro na interpretación que dela fagamos.

Disto vai un interesante proxecto de case tres anos de duración chamado Bookpackers http://www.bookpackers.com/ no que Andrew Chatter percorrerá América lendo 100 novelas. A maioría serán os clásicos pero tamén hai cabida para algún exemplo de literatura contemporánea.

Deste xeito visitará os lugares nos que están ambientadas, conversará cos veciños e será case que coma vivir dentro do libro. Sen dúbida unha forma ben fermosa e diferente de ler e de explorar un país.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*