Unha editora hispana de Nova Iorque inclúe no seu catálogo unha antoloxía de poemas de Fernández Naval

O escritor galego Francisco X. Fernández Naval viaxará a Estados Unidos a mediados de mes para presentar Memoria de abril, unha antoloxía bilingüe (galego-castelán), preparada pola profesora Teresa Seara e que publicou recentemente Artepoética press, unha editora hispana que ten a súa base na cidade de Nova Iorque. O volume reúne máis de douscentos poemas e supera as 320 páxinas. Fernández Naval aproveitará a viaxe á cidade nova-iorquina para participar no “The Americas Poetry Festival”, que organiza o mesmo selo editorial.

 

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*