Un home percorre Sudamérica en busca de poetas descoñecidos

Eduardo Bechara Navratilova
Eduardo Bechara Navratilova

Por Sudamérica viaxa un home á caza de poetas inéditos. Isto que parece o argumento dunha novela é un fermoso proxecto real. O pai desta idea é o escritor colombiano Eduardo Bechara Navratilova. En 2010 acendéuselle a luz nunha conversa cun amigo. Pensaron que sería extraordinario poder viaxar polo continente en busca de poetas descoñecidos. Dous anos máis tarde, logo de conseguir financiamento privado, Bechara estaba facendo as maletas para partir cara Bos Aires.

Durante este proxecto Bechara ten previsto percorrer máis de 26.000 quilómetros nos que percorrerá cidades, vilas e aldeas diminutas nunha revirada viaxe entre Ushuaia e Caracas, recorrendo un total de nove países. Ata o de agora xa se leva entrevistado con máis de 800 autores. O fin último é elaborar unha antoloxía de poesía latinoamericana inédita que verá a luz en 2016. Case nada!

A brincadeira que se lle pode sacar a este percorrido é que o patrocinador do mesmo, non podía ser doutro xeito, é unha empresa que leva por nome Pavimentos de Colombia.

Se queres saber máis deste apaixonante e incrible proxecto, podes ampliar no seu propio portal. Aquí pode verse o percorrido, os poemas que vai recollendo, imaxes e todo o que ten que ver co proxecto:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*