Track asedio

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe veño a estas letraenobras a contarvos que é “Track Asedio”.

Trátase dun colectivo musical que ademais é a súa vez produtora independente especializada en Hip Hop, con sede na cidade de Vigo.

Miguel Ángel Alonso
Miguel Ángel Alonso

Naceu no ano 2007 da man de Dikeyti, Duke Sam e Malo Aspecto. Cun son cheo de vida e que coida con gran detalle as súas letras, tanto en galego coma en castelán. Teñen actuado por toda a nosa xeografía ademais de en España, Suíza, Portugal e Francia, sendo hoxe en día un referente dentro do rap galego.

Baixo  “Track Asedio” atopo Rebeliom do Inframundo, rap galego de calidade en galego. Letras contundentes implicadas socialmente.

Non pensedes atopar aquí  fume, mentira, plástico ou falsas poses comerciais. As súas palabras son lume que clava as súas gadoupas ignífugas coa forza centrífuga das gorxas de  O’Nervo e Malvares de Moscoso, entre outr@s.

Porque non buscan o centro estes músicos apesares de que as súas letras están no epicentro dos problemas sociais.  Loita de clase obreira, compromiso sen reservas e liberdade nos temas.

Como di o Duke Sam no seu disco Planeta absurdo : “no tuve que verderme para sonar en antena”.

Forza e verdade son as palabras que se achegan aos meus beizos cando escoito temas como o de O’Nervo títulado “No choio fála-se dum ERE” .

  • Ligazón para descargar o traballo de Rebeliom do Inframundo:

http://www.mediafire.com/download/13jrha7v2m95hi8/REBELIOM+DO+INFRAMUNDO+-+A+SORPRESA.zip

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*