Nace o Certame Nélida Piñón, que será o premio de relato curto con maior dotación

Nélida Piñón
Nélida Piñón

A Xunta vén de revolucionar o mundiño dos premios literarios en lingua galega. Canda o Concello de Cotobade e a Deputación de Pontevedra, a Consellaría de Cultura e Educación acaba de apostar pola creación dun novo premio de relato breve: o Nélida Piñón. O certame nace cunha forte inxección económica que o converte xa na súa primeira edición no mellor dotado do seu xénero. O autor ou autora do mellor relato presentado (de entre 7 e 15 folios)  recibirá 6.000 euros en metálico. Ata o de agora, o premio de relato breve mellor dotado era o Manuel Murguía de Narracións Breves, que convoca o Concello de Arteixo (3.700 euros).

O prazo para presentarse ao premio comezou este día 1 de outubro e estará aberto ata o día 20 de febreiro de 2015.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*