Os 182 números da mítica revista cultural Céltiga xa están dispoñibles na rede

CéltigaUnha das revistas culturais galegas máis importantes da diáspora, Céltiga, está dende hoxe dispoñible para a súa consulta na rede. Os 182 números que se editaron entre 1924 e 1932 poden consultarse na web do Consello da Cultura. A publicación estivo dirixida ao longo dos oito anos de andaina por Eduardo Blanco Amor, Eliseo Pulpeiro e Domingo Rial Seijo. Esta revista de arte, crítica, literatura e actualidade contou coa colaboración de escritores como Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Emilia Pardo Bazán e con caricaturas de artistas como Castelao ou Carlos Maside.

A dixitalización foi posible grazas a un proxecto do Consello da Cultura que contou coa colaboración da Fundación Penzol, da Universidade de Santiago, da Real Academia Galega, do Centro Ramón Piñeiro e do Instituto Sarmiento.

  • Podes ver aquí os 182 números de Céltiga
Compartir
Artigo anteriorEsa parte do pastel
Seguinte artigoO Maquinista

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*