‘Contos do mar de Irlanda’, de Xurxo Souto, o libro máis demandado no verán

ContosO Caderno da Crítica, que mantén o profesor Ramón Nicolás, vén de dar a coñecer a súa enquisa sobre o libros que máis saída están a ter nas librarías galegas. Segundo esta mostra, Contos do mar de Irlanda é o libro de narrativa máis vendido. Con el, o seu autor, Xurxo Souto, logra desbancar do primeiro posto á novela A viaxe de Gagarín, de Agustín Fernández Paz. O terceiro libro de narrativa máis vendido é a novela A voz do vento, de Pemán Bouzas.

En poesía, os libros máis demandados son: Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial; Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias; e Estrela do Norte, de Luís Rei Núñez.

Na sección que engloba Ensaio-Teatro, o podio das vendas é para Eu estaba alí, de Afonso Eiré. En Xuvenil o libro máis demandado no verán foi Ámote Leo, de Rosa Aneiros. En Infantil o libro mellor situado é O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso. No apartado de Libros CD-DVD os lectores demandaron o Brinca vai, de Paco Nogueiras. E por último, en Banda Deseñada destaca O bichero IV, de Luís Davila.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*