Alba Méndez

Alba Méndez
Alba Méndez

Alba Méndez ou Betula Atlántica naceu en 1985 na vila mariñeira de Moaña. Estudou Educación Musical e Infantil na Universidade de Vigo e no conservatorio de Cangas.

Ten a paixón das mareas coa súa espontaneidade e iso faise ver nos seus escritos. A creatividade é unha forza e natureza interior que lle serve para escribir ou cuspir poemas, compoñer cancións cursis ou punkis e sorrir cos meniños en clase.

Ten publicados os seguintes libros:

-De Castro (Con Alberte Momán)

-Pegadas (A Porta Verde do Sétimo Andar)

-Sétimo andar, poesía alén (A Porta Verde do Sétimo Andar)

-Antoloxía autores cubanos e galegos.

E nas revistas:

-Madrygal

-Athenea

-Dorna

Espallou a súa poesía en diversos recitais por Galiza e Portugal coa Lonxa Literaria de Moaña,  A hostia en verso, a Incomunidade, as Redes Escarlatas e sobre todo, coa Porta Verde do Sétimo Andar ata que lle empezou a dar vergoña contar as súas intimidades por aí e déixase ver pouco polo eido cultural como artista. Iso si, Harguindey publicoulle un poemario ao francés que semella que quedou très jollie!

2 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*