Mário J. Herrero, Premio de Poesía Figurante

Mário J. Herrero
Mário J. Herrero

A segunda edición do Premio de Poesía Figurante xa ten gañador: Mário J. Herrero Valeiro (A Coruña, 1968). O xurado do galardón decidiu, por unanimidade, escoller unha súa obra presentada baixo o título ‘Da vida conclusa’. O galardón implica a publicación da obra dentro do selo O Figurante Edicións, que dirixe o poeta Alberte Momán.

Dende a organización salientan “o dominio da linguaxe poética, alentada pola profundidade coa que nos achega á experiencia vital dun protagonista, tan próximo como universal, marcado polo estigma das imperfeccións dunha sociedade decadente”.

Mário J. Herrero é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e tamén tradutor de portugués. Como poeta estreouse en Espiral Maior coa obra No limiar do silêncio. Poemas da estrangeirice. (1999). Logo virían Cartografia da atrocidade (2001); A vida extrema (2005); e Outra vida (2013)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*