Os versos de Cabanillas, Novoneyra e Cunqueiro pasan pola Telecaster

Momento do concerto no Mardi Gras / Foto: Desconcierto
Momento do concerto no Mardi Gras / Foto: Desconcierto

Vai para tres meses que dabamos conta en Letra en Obras que o músico coruñés Nacho Mora preparaba a gravación dun disco baseado en poetas galegos. Logo dunha campaña na rede para lograr apoio económico, o proxecto ‘Entre as zocas e os lóstregos’ xa é unha realidade. O ex compoñente de Elephant Band obtivo máis de 4.000 euros que lle servirán para facer unha tiraxe de 300 vinilos e 500 cds.

As cancións toman prestadas letras de Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro e Uxío Novoneyra. O pasado mes de abril Nacho Mora tocou por primeira vez os temas en directo na sala Mardi Gras (A Coruña).

  • Podes ver aquí a crónica da actuación que fixo o portal Desconcierto.

Nestoutra entrevista en disquecool (10/04/2014) Nacho Mora explica as razóns deste disco:

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*