Marín medra entre poemas

Un dos carteis/ Foto: Queremos Galego de Marín
Un dos carteis/ Foto: Queremos Galego de Marín

O municipio de Marín está a festexar a poesía da mellor maneira posible: sacándoa ás rúas. Así que calquera que pasee pola vila pontevedresa pode atopar penduradas faixas con poemas: dende Manuel María a Celso Emilio Ferreiro, pasando por María Xosé Queizán Rosalía ou Martín Códax, entre moitos outros autores e autoras. As obras están plasmadas en carteis de dous metros de ancho por un de alto que están repartidos polo centro do casco urbano.

A iniciativa xurdiu dos Equipos de Normalización dos centros educativos do municipio e a ela sumáronse todos os partidos políticos con presenza en Marín, entidades culturais, deportivas, colectivos veciñais e asociacións de comerciantes. Máis de 40 entidades certifican o éxito da convocatoria. A mostra que está en marcha co gallo do Día das Letras percorrerá as parroquias do municipio.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*