Cris Pavón presenta a novela ‘Sangue 12,’ unha fábula vampírica dacabalo entre o real e o imaxinario

Capa de Sangue 12Cris Pavón presenta este sábado ás 20 horas (Feira do Libro de Vigo) a súa última novela: Sangue 12. O libro, que publica Urco Editora, defínese como unha “novela  de  feitura  bizarra  onde  se  mestura  o real  e  o  fantástico  dacabalo entre os  séculos  XIX  e  XXI  preséntasenos  unha  fábula  vampírica  que  conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente  da  protagonista,  unha  rapaza  que  asume  os  propios  devezos  e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais.”

Pavón, colaboradora de Letra en Obras, publicou a súa primeira novela hai dous anos: Limiar de conciencia, unha obra que foi finalista no Premio Xerais e no García Barros e que, aínda así, tivo auténticos problemas para atopar editor. Profesora de informática no ensino secundario, Pavón foi a última gañadora do prestixioso Certame Nacional de Narracións Breves Modesto Figueirido.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*