Premio Victoriano Taibo, sete anos construíndo a poesía galega dende unha parroquia

SONY DSCA poesía galega tamén se constrúe dende a base, como o demostra a Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos. As dúas asociacións están a converter o Certame de Poesía Victoriano Taibo, un premio nado nunha parroquia de pouco máis de 1.300 veciños, nunha referencia para os poetas de todo o país. Ao concurso, que estará aberto ata final do mes de xullo, poden presentarse traballos poéticos inéditos cunha extensión mínima de 300 versos.

Os participantes deberán achegar orixinal e catro copias baixo o sistema de plica ao Apartado de Correos 36380 de Gondomar (Pontevedra). O premio consiste en 3.000 euros en metálico e a publicación da obra galardoada.

Nas edicións anteriores as autoras premiadas foron: Carlos Negro (2008); ex -aequo Carmen Caramés; Elvira Riveiro e Silvia Penas (2009); María Goretti Fariña (2010); Carlos Solla (2011); María Concepción Álvarez Lebredo (2012); e Ramón Sandoval (2013).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*