Os ‘Estanaí’

Un texto de Paco Macías

Paco Macías
Paco Macías

Todos oímos, ao falar doutros, algunha vez aquilo de “semprestaaí”. É esa xente que cando se necesita, efectivamente, sempre está aí. Hai meses ou pode que anos que non os ves, que nada sabes deles, pero sempre responden, sabes que existen, que te axudarán. Son as amantes ás que sempre volves. Os queridos que nunca esqueciches.

Na cultura, en Galicia, eses ESTANAÍ, son a súa alma. No entanto, as gabanzas autolévanas os enxameantes, os zaragalleiros, buscabullas… tamén os cirigaitas, lambecús… todos eles algo láminas ou truchamáns. É unha putada para a cultura, para a vida, que a cada día estes sexan máis e máis. Hai de máis botarporforas ruidosos (como diría o Vidal Bolaño).

Porén, os ESTANAÍ son calados, creativos, e tan vulgares como valentes. Acaban sendo sempre os que manteñen a vida. Eles organizan para os demais, sempre sen outro proveito que o da satisfación de facer, de colaborar, de axudar. Están detrás dos festivais, das revistas, dos bares, dos teatros, das festas diversas… E outros deles crean, innovan, aportan para goce do universo mundo. Non militan, rexeitan os paraugas que os agocharían e non deixarían que se mollasen. Porque eles si queren mollarse. Fano como quen non quere a cousa. Fano e ‘xastá’. Sen máis. Pero nós sabémolo.

3 Comentarios

  1. Eu mitro au meu redor e vexo ESTANAÍ a esgalla. Pero tamén vexo ADVERSATIVOS, cabronazos… Escollamos con quen xuntarnos.

    Pero si que ten razón o Macías, na cultura, no mundo do libro, os LARETAS non son os máis atractivos. Aquí en Galicia hai moito calvo da lotaría nacional, sempre coa mesma música, a todas horas, en todos os sitios… Aburren a maríasantísima.

    Menos mal que nos quedan os creativos silenciosos.

  2. Ata o momento, non coida un encaixar en ningún dos tipos humanos de Paco Macías. Laretas ás veces si que son, e insistente ata alporizar, pero é por unha boa causa, faltaría máis.
    Adiviño que o vindeiro tipo podería ser a combinación dos tres monos: non responde a nada, non ve as mensaxes, non oe o que lle berran. Sinxelamente, segue adiante coa desfeita.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*