O día que Díaz Castro atopou unha estrela nun caldeiro de auga

PortadaO colectivo Fabaloba vén de publicar o seu primeiro conto: O neno e a estrela, unha fermoso achegamento á figura do poeta Xosé María Díaz Castro dirixido aos lectores máis novos. O libro está editado por Fabaloba edicións, etiqueta que nace ao abeiro do proxecto cultural e educativo Fabaloba.

O propio protagonista desta historia é Díaz Castro cando neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas poderosas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. A obra xoga cos moitos dos eixos centrais do poemario Nimbos.

O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)

Podes descargar aquí O neno e a estrela

 

Facemos repaso de materiais de uso didáctico: vídeos, audios e recursos diversos de utilidade para as aulas para esta conmemoración.

Xosé María Díaz Castro
XERAL

AUDIOVISUAL

AUDIOS

OUTROS

 

***** (Actualizado a 4 de abril) Axúdanos a completar o guieiro. Avísanos doutros recursos na rede que coñezas ou de novos recursos que vaian aparecendo. Podes escribir nos comentarios a pé deste texto ou ben enviarnos unha mensaxe á nosa caixa de correo: botons (arroba) botons.eu

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*