Camiñar no mes de abril

Miguel Ángel Alonso
Miguel Ángel Alonso

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Camiñar coa fraxilidade da vida pendurada do peito, axuda a tomar as decisión correctas, que non proveitosas.
Camiñar coa esperanza de que as fillas recollan o exemplo e non se deixen luxar polas realidades.
Ninguén dixo que sexa fácil. Fóra chove, e moito.
Non gardar docilidade nos ollos é pecado, e a palabra honestidade conten “peligro de morte e calivera”. E a fame, meus amigos e amigas. A fame chama con voz de serea, carrexando nos seus beizos o vento que semea de escusas os nosos actos.
Todo isto é certo. Pero a miña orela xa chegan as estrelas. A choiva non é quen de borralas.
Sabedes unha cousa?

Unha vez houbo un home
que nunca dixo, meu.
Petou nas portas do mundo,
chamou no meu corazón.
Falaba con palabras
que semellaban pombas.
As cousas á súa beira
púñanse brancas.
Nascíalle nos ollos un abrente
coma un río de luz,
ou coma un mar lonxano de gueivotas.
Un bálsamo de amor
tiña aquil home
pra ista miña dor
sin nome.
CEF
No mes de abril. No mes de revolucións mortas nos corazóns escravos. Unha pequena luz loita, e eu só podo soñar o seu nome.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*