Veladas para coñecer bos viños e versos na Casa das Crechas

Rosalía Fdez. Rial
Rosalía Fdez. Rial

Un dos pubs imprescindibles de Compostela, A Casa das Crechas, organiza este xoves 6 de marzo (ás 20.30 horas) un acto no que se conxugarán dúas artes diferentes, aínda que poida que complementarias: a poética e a vitivinícola.

A poeta carballesa Rosalía Fernández Rial falará e recitará algúns versos do seu último libro ata agora publicado: Vinte en escena (Ed. Positivas, 2012). A parte vitivinícola pona Adegas Amedo (Ribeira Sacra) que traerá ao recital a proba dos seus viños Amedo e Pero Bernal.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*