Os editores elixen a Berta Dávila como mellor autora de 2013

Berta Dávila
Berta Dávila

O pasado venres déronse a coñecer en Betanzos os novenos premios Ánxel Casal, que organiza cada ano a Asociación Galega de Editores. Nesta ocasión foi escollido como mellor libro de ficción O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila. O xurado valorou a calidade da obra dunha autora moi nova, 26 anos, que sorprendeu o ano pasado gañando o Premio Repsol . Dávila tamén logrou o premio destinada  ao autor ou autora máis destacada do 2013.

Os restantes premiados foron:  Sobre ruínas, de Rábade Paredes (Premio de Poesía); Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, de Pilar García Negro (Premio Non Ficción); Pan de millo, de Dani Padrón (Premio Libro Ilustrado); A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Libro Infantil e Xuvenil); Vento e Chuvia, de Manolo Gago (Premio Libro Educativo); Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais (Premio Iniciativa Editorial); Libraría Couceiro da Coruña (Premio Fdez del Riego de difusión cultural).

1 Comentario

  1. É evidente que o libro de Berta Dávila merece este premio, e outros. Pero tamén hai que dicir que este premio outorgado pola AGE ten un algo de trapallada, xa que só valoran os títulos editados por eles mesmos, quedando así fóra moitísimos outros títulos de editoras que non están na AGE, e que son a maioría.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*