Leopoldo María Panero, unha vida entre o ‘malditismo’ e a lucidez cegadora

Leopoldo Mª Panero
Leopoldo Mª Panero

Este xoves 6 de marzo anunciouse a morte dun dos autores máis destacados e peculiares da poesía española recente. Con 65 anos cumpridos, Leopoldo María Panero finou nas Palmas de Gran Canaria, onde vivía por vontade propia nun psiquiátrico.

Atormentado polas doenzas mentais que o acompañaban dende a xuventude, Leopoldo María Panero foi que de construír unha obra poética valorada tanto pola crítica como polos lectores. Fillo do coñecido poeta Leopoldo Panero e da escritora e actriz Felicidad Blanc, e irmán do tamén poeta Juan Luis Panero e de ‘Michi’ Panero, pertencía a unha das familias máis lúcidas e tamén disparatadas que deu a literatura española na segunda metade do século XX.

  • Poema de Leopoldo Panero sobre si mesmo:

  • Concerto-tributo de Bunbury et alii á poesía de Leopoldo María Panero (Barcelona, 2005)

  • Entrevista a Leopoldo María Panero (1999)

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*