A mediación cultural de internet a debate no Consello da Cultura

ConselloA universalización de internet na última década fixo mudar tamén notablemente as canles de comunicación cultural. A tecnoloxía trouxo numerosas publicacións especializadas que achegan novas visións sobre o mundo da cultura. Cara onde camiña a información cultural? Como inflúe isto no acceso á cultura do público lector? Este mércores 12, o Consello da Cultura organiza no Pazo de Raxoi unha xornada na que se debaterá sobre o panorama actual dos medios e a cultura. Á mesma está convidada tamén esta revista dixital de Letra en Obras canda outras publicacións como Disquecool, Desconcierto, Empuje ou M, a revista de novas da xornalista Montse Dopico.

1 Comentario

  1. Por favor, contade logo como foi a cousa, para quen non puido ir/inscribirse.

    (por certo, que cartel tan cheo de cor, chegou a primavera internet 🙂

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*