Os grandes concursos de novela pagan os pratos rotos da crise

110611803Reciban as críticas que reciban, os premios literarios poden ser un magnífico escaparate de cara a sociedade. Boa proba disto é que todas as literaturas vigorosas contan con importantes galardóns e fan destes auténticas festas sociais nas que se enxalza a literatura e a industria que a rodea. Aínda que  non exentos de polémica, a nivel estatal, a literatura en lingua castelán conserva premios fabulosamente dotados economicamente como o Planeta (600 mil euros); o Alfaguara (127 mil euros); ou o Primavera (100 mil). A propia literatura catalá ten un gran premio en metálico para novelas grazas ao Ramón Llul, que ten unha dotación de nada menos que 90 mil euros e outros como o Premio Sant Jordi de Novela (60 mil euros) e o Sant Joan Caixa Sabadell (outros 60 mil euros libres de impostos).

No caso galego, os dous grandes premios de novela pelexan por manterse vivos. Xerais segue convocando o seu coñecido premio mais a dotación do mesmo baixou nos últimos anos dende os 25 mil que tiña en 2010 aos 10 mil que ten na edición deste ano.

Outro dos premios míticos, o Blanco Amor, estivo a piques este ano de desaparecer debido a falta de cartos. Finalmente, o Concello de Redondela púxose este ano á fronte  dun colectivo que pretende darlle viabilidade a longo prazo a un galardón que parecía sentenciado.

A literatura propia, mimadas noutras latitudes, é asunto de escaso interese para a maioría da clase política e empresarial do país.

2 Comentarios

  1. Certamente, son significativos os atracos dos organizadores de premios literarios en Galicia. Agás se os convocan e logo os deixan deserto (próximamente falaremos diso por aquí).
    Agora, tamén digo que, á vista da vergonza allea que que dan eses premios de cinco ou seis cifras, tampouco ten un présa porque haxa aquí algo semellante.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*