O libro electrónico, outra burbulla que se desincha?

libro_electronico_130118_horizontal_getty_0Na última década moitos deron por feito que as novas tecnoloxías ían producir unha auténtica revolución nos modos de concibir o formato dos libros. O auxe que tivo a venda dos libros electrónicos facía prever que este formato fose desprazando dun xeito relativamente rápido ao papel. Porén, aquela revolución que tantos anunciaban como inminente foi un tanto esaxerada ou, cando menos, está a ser unha simple reforma a cámara moito máis lenta do que se auguraba.

O suplemento do diario El Mundo, El Cultural, analiza este parón nunha reportaxe que titula “O libro electrónico, ao ralentí”. Na mesma, sostense que o apego ao papel e a piratería fai que o formato dixital se estanque. Como dato sinálase que por cada 200 libros vendidos en librarías, apenas se venden tres ebooks. Mais o crecemento tamén é máis lento en países nos que o libro electrónico entrara con moita forza, como é o caso dos Estados Unidos.

Aínda así, a lectura do que sucede é complexa: “Os readers non se venden tan mal polo que hai que supoñer que, ou que os seus propietarios úsanos para ler contidos piratas ou, sinxelamente, tras algunha proba, déixanos aparcados nun caixón en regresan aos seus libros de papel. Os editores consultados coinciden en que a tableta, e non o reader de tinta electrónica, converteuse xa no principal dispositivo lector”

1 Comentario

  1. penso que o artigo do cultural comete um erro de base, que confundir venda com consumo: admite a maioria das pessoas entrevistadas que há muita pirataria e julgam o sucesso dos e-books en função das vendas. que mo expliquem outra vez, que sou um pouco torpe.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*