Harkaitz Cano presenta a versión galega de ‘Pasaia Blues’

Harkaitz Cano / Sushi Maky
Harkaitz Cano / Sushi Maky

Esta semana anda por Galicia o escritor Harkaitz Cano (Guipúscoa, 1975), un dos mellores representantes da narrativa vasca actual. Da man da pequena editora Hugin e Munin, este notable escritor chega á lingua galega cunha tradución de Isaac Xubín. Cano presentará esta vibrante novela negra en Compostela (Libraría Couceiro, mércores 5 ás 20 horas); Pontevedra (Casa das Campás, xoves 6 ás 20 horas); e Vigo (Libraría Cartabón, venres 7, ás 20 horas).

O que debería ser unha nova habitual, a presenza dun escritor en éuscaro, convértese en algo extraordinario debido aos escaso fluxo de traducións entre as tres linguas do estado. A maior parte dos lectores en lingua galega, vasca ou catalá, coñecen moi pouco o que se está a facer nas outras literaturas estatais minorizadas. É por iso que a iniciativa de Hugin e Munin se converte nunha das mellores novas desta semana. Parabéns!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*