Fernando Arrizado Abuín

Fernando Arrizado
Fernando Arrizado

Aínda que son máis de Lugo que a néboa que sobe do Miño para ir bater na Muralla, tamén son da familia dos Lobos de Chantada, por parte da miña mamá, e da casa do Rebolo de Monte Faro, en Viveiro, por parte do meu papá. Nos últimos anos funlle facer o loito ao finado Vieiros por lugares varios do mundo. Andei por Europa, América e Asia, puntos que no meu mapa fixeron -e han de facer sempre, alí onde queira que estea- a súa bisectriz na Galiza, ao carón da miña familia e dos meus amigos, que disque son a patria verdadeira. Ando queimado co mundo, co país, coa profesión e cos bares que poñen cubatas de garrafón. A Deus grazas non teño nin hipoteca nin fillos, senón o que si había ter era unha recortada e aínda moita máis mala hostia.

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*