Dúas das librarías máis coñecidas da Coruña, Couceiro e Nós, botan o peche

Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña
Libraría Couceiro na Praza do Libro da Coruña

A Praza do Libro da Coruña, a escasos metros da céntrica rúa Juan Flórez, fai menos honor que nunca ao seu nome. Dúas librarías históricas alí emprazadas botan o peche: a Couceiro e Nós.

No caso da Couceiro, estandarte do libro en galego na cidade dende 1982, o peche está directamente relacionado coa xubilación do matrimonio que a rexenta: Carmiña Couceiro e Pepe Díaz. Sen relevo familiar, a parella agardará ata este mes de maio para ver se hai alguén interesado en continuar co negocio. De non atopar persoas para o traspaso, a libraría pechará definitivamente as portas.

Libraría Nós
Libraría Nós

A Libraría Nós, que permanecía aberta dende 1974, remata a súa actividade debido a que, segundo explican, a forte baixada de vendas (case un 50% nos últimos anos), imposibilita a viabilidade do proxecto empresarial. A libraría, que conta cun gran fondo, comezou especializándose en libros relacionados coa arquitectura e posteriormente tamén foi famosa polo amplo catálogo en literatura infantil e xuvenil e a súa aposta por difundir a literatura menos coñecida que se producía en Europa e América.

 

1 Comentario

  1. Outro golpe a nosa cúltura. Aínda que eu non son coruñés quero agradecer as persoas que fixeron posibel un sono para a nosa lingua que agora se esvaece.
    Grazas

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*