Os Padiante

Un texto de Paco Macías

Paco Macías
Paco Macías

Son o envés dos ADVERSATIVOS, tiran padiante malia todos os atrancos que lles poñen, e que non son poucos. Hai outros que van en liña recta, pero co apoio dos poderes, eses non son uns Padiante, ¡así calquera! Eses son uns arrasadores, uns abusóns.

Son uns Padiante os que van contra todos, desoíndo as verdades dos que sempre a teñen, eses pelmas que falan alto, que todo o saben porque nunca dubidan nin escoitan. Os Padiante procuran ignorar estes adversativos autoritarios, e ir ao seu. Fronte á complexidade dos demais eles procuran ser simples, porque a ecuación máis fácil é case sempre a máis certeira.

Os Padiante dos que gostamos son amigos da Lúa, non lles importa botar unha mexadiña masculina na compaña de colegas, pois seguro que teñen a parte masculina das mulleres. Eih, homes, ¿onde deixastes a vosa irmá xemelga ao nacerdes? Os nosos Padiante homes son tan homes que non teñen medo de ser mulleres. Os Padiante de noso non teñen ciumes, tal como a amizade, e non como o amor, necesariamente ciumento. Os Padiante do meu redor inventan palabras, desobedecen as Academias varias. Sempre tan libertarios eles.

Os Padiante non lle caen ben aos sabichóns resabidos, eses que se cren a ÚLTIMACOCACOLANODESERTO, eses moinas sempre ADVERSATIVOS para cos demais. Porque os Padiante son varios, cos seus heterónimos, son uns finxidores, e nunca mexamorniños, e queren sempre transformar o mundo, ou axudar os seus amigos. ¡Pobres, que riquiños!

4 Comentarios

  1. Moi bo, Paco. Abaixo os mexamorniños! No fondo eu me sinto tamén libertario ainda que, na vida, nubca dei sido tan padiante coma ti. Con todo, estou contigo.
    Unha aperta,
    Benxamín

  2. Aprecido Paco Macías,
    Es de agradecer que personas como usted hagan una referencia tan interesante y positiva al ya conocido “germen de Gamonal” y otros gérmenes que están por llegar.
    Sus palabras son alentadoras y nos enseñan que en el trabajo bien hecho recala el reconocimiento interior.
    Gracias por este texto de “os Padiante”.
    Saludos
    Alfredo Pai

  3. Ten razón Chungolirondo, entre a Cultura galega hainos a moreas.
    E é responsabilidade nosa dicirlles que nos importan un carallo as súas pallas mentais, que deixen de darlle á matraca coas súas gilipollecers…
    Acción,Acción,Acción…

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*