O Consello da Cultura celebra os 30 anos de Crime en Compostela

conselloEn 1984 fallábase o primeiro premio Xerais de Novela. O xurado optou por Crime en Compostela, do xornalista chairego Carlos G. Reigosa. Aquela obra abría o xénero da novela negra e policial na literatura galega. Posteriormente, outros escritores nosos tomarían o relevo.

Baixo o título de ’30 anos de novela negra galega’, o vindeiro xoves 6 de febreiro, o Consello da Cultura Galega vai celebrar no Pazo de Raxoi (Compostela) unha xornada na que intervirán diferentes autores, profesores e críticos que darán a súa visión do xénero dentro da nosa literatura.

O Consello da Cultura ofrece 100 prazas de balde para todos os que queiran inscribirse. Tes aquí máis información da xornada.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*