‘Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino’

Neira Vilas/Bernabé (Javier Lalín)
Neira Vilas/Bernabé (Javier Lalín)

Vai para 53 anos que se publicou en Arxentina o libro máis vendido na historia da literatura galega: ‘Memorias dun neno labrego’, de Xosé Neira Vilas. O libro, traducido a múltiples idiomas, superou os 700 mil exemplares e converteuse nun título indispensable á hora de falar da nosa literatura do século XX.

Agora a editorial Ir Indo vén de publicar un libro homenaxe ao escritor de Vila de Cruces. A obra, ‘Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino’ é un auténtico mosaico de textos sobre Neira Vilas e a súa obra feitos por coñecidos escritores e intelectuais galegos. Participan cos seus textos: Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Valentín Arias, Xosé Luís Axeitos, Xoán Babarro, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Herminio Barreiro, Alfonso Becerra de Becerreá, Xosé Manuel Beiras, Uxía Blanco, Darío Xohán Cabana, Xosé Carlos Caneiro, Pepe Carballude, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Ramón Chao, Perfecto Conde, Suso de Toro, Isaac Díaz Pardo, Lois Diéguez, Xosé María Dobarro Paz, Xabier P. Docampo, Marga do Val, Alfonso Eiré, Miguel Anxo Fernán Vello, Francisco Fernández del Riego, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Francisco Fernández Rei, Manuel Ferreiro, Xan Fraga Rodríguez, Víctor F. Freixanes, Emilio C. García Fernández, María Pilar García Negro, Xosé Lois García, Lupe Gómez, Marcial Gondar Portasany, Ismael González Díaz, Eva González Esteban, Bernardino Graña, Baldomero Iglesias, Jaureguízar, Cipriano Luis Jiménez Casas, María do Carmo Kruckenberg, Margarita Ledo Andión, Xosé María Lema Suárez, Felipe-Senén López, Basilio Losada, Albino Mallo, Xosé Manuel Martínez Oca, Carlos Mella, Xosé Luís Méndez Ferrín, Mini, Xerardo Moscoso Caamaño, Avelino Muleiro García, Alexandre Nerium, Camilo Ogando Vázquez, David Otero, Cándido Pazó, Andrés Pociña, Avelino Pousa Antelo, Victoriano Pérez Nieto, Luís Quinteiro Fiúza, Xesús Rábade Paredes, Ramón Regueira, Armando Requeixo, Manuel Rivas, Salvador Rodríguez, Blanca-Ana Roig Rechou, Euloxio R. Ruibal, Marcos Seixo Pastor, Siro, Olegario Sotelo Blanco, Anxo Tarrío, Andrés Torres Queiruga, Xulio Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Dolores Vilavedra, Miro Villar e Helena Villar Janeiro.

Compartir
Artigo anteriorOs Padiante
Seguinte artigoRecuperación Bestial

3 Comentarios

  1. Saberíades como podo conseguir a obra de homenaxe a Beira e Balbino? Levo anos intentando conseguila, e ademais tenho unha colaboración nela

  2. Estamos na mesma situaçom. Tamém eu tenho umha colaboraçom no livro. Teria sido um bom gesto por parte da editora, se nom pode presentear os colaboradores com a obra, oferecer-lhes a compra da mesma a preço de custo. Penso que é a mínima cortesia que se deve ter com quem colaborou desinteressadamente.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*