Detroit ofrece casa de balde para escritores

WriteHouse_exterior_during_rennovation_front_viewCres que tes talento para escribir pero o caseiro non deixa de enviarche notas por debaixo da porta? Tes unha novela ou un proxecto dela e queres unha casa para dedicarte ao que realmente che gusta? Se non che importa vivir en Detroit, podes ter aquí unha boa oportunidade de cambiar de aires. A proposta vén da asociación Write-a-House que ofrece casas de balde para escritores que queiran residir nesta cidade norteamericana.

A simbólica iniciativa pretende chamar a atención sobre a precaria situación socioeconómica que vive Detroit. Que mellor maneira que dinamizar unha cidade que comezar atraendo a creadores. Por agora ofértanse tres casas pero a asociación agarda poder aumentar a oferta. O autor ou autora interesada só ten que cubrir unha solicitude, en caso de seren seleccionados, a asociación xa se ocupa de todos os trámites para que poida viaxar rumbo á súa nova casa.

  • Podes ampliar información aquí.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*