Científicos aseguran ter un algoritmo para predicir o éxito dun libro

Scientists-devise-algorithm-to-predict-success-of-novelsInvestigadores da Universidade de Stony Brook, en Nova Iorq, aseguran que teñen un algoritmo que pode predicir se un libro vai ser ou non un éxito de vendas. O método que empregaron chámase “statistical stylometry” e aseguran que ten unha porcentaxe de acerto superior ao 80%.

Segundo este peculiar estudo, os libros de maior éxito teñen máis conxuncións e unha enorme cantidade de substantivos e adxectivos. Pola contra, cantos máis verbos e adverbios menor é a posibilidade de éxito. Neste traballo analizáronse 800 libros, de diversos xéneros, buscando patróns léxicos, sintácticos e discursivos.

  • Podes ler aquí (The Telegraph) esta nova tan curiosa

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*