A web Fervenzas Literarias dá a coñecer os mellores libros de 2013

X.Rábade Paredes
X.Rábade Paredes

A web Fervenzas Literarias deu a coñecer esta semana o que para os seus lectores son os mellores libros do ano. Máis de 400 persoas participaron nunha votación que escolleu a obra de Xabier López Cadeas como a mellor novela do ano pasado. Na categoría de poesía, a maioría dos votos foron para o libro Sobre ruínas de X. Rábade Paredes.

Nas restantes categorías os libros mellor valorados foron:

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez (Ensaio)

Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora (Teatro)

Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (Mellor libro de literatura xuvenil)

-Un rato díxolle á lúa, de A. García Teijeiro (Mellor libro de literatura infantil)

Podes ver aquí a totalidade das seccións e dos premiados

Compartir
Artigo anteriorRecuperación Bestial
Seguinte artigoDe ningures

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*