María Xosé Lamas gaña o Premio Arume de poesía para nenos

María Xosé Lamas
María Xosé Lamas

Cantigas para aprender a soñar, este é o título da obra que conquistou a sétima edición do Premio Arume de Poesía para Nenos. A autora galardoada é María Xosé Lamas Fernández (Vilalba,1961), escritora, docente e actriz natural da Terra Chá.

O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Andrés Fernández Castro, Rosalía Morlán e Luís Reimóndez, foi unánime nas súas votacións. Ademais, decidiron facer varias mencións de honra para as seguintes obras: Cando as follas voan, de Antón Cortizas; O libro dos medos que non o son, de María Canosa; e Versos e bicos, de Xosé Luna

A entrega do premio terá lugar o vindeiro domingo 15 de decembro, ás 17 horas, na Fundación Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces).

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*