Letras para salvar a casa de Conan Doyle

Casa de Doyle en Hinhiead
Casa de Doyle en Hinhiead

Dende hai anos, un grupo de seguidores de Arthur Conan Doyle pelexan por preservar a casa que o célebre creador de Sherlock Holmes tiña en Hinhiead, no condado inglés de Surrey. A casa, en estado de abandono, pode desaparecer proximamente xa que un grupo inmobiliario pretende construír tres fogares novos na mesma parcela.

Agora a editorial andaluza Círculo Rojo vén de sumarse a esta iniciativa publicando El hogar de Sherlock. La casa deshabitada, que é unha antoloxía de poemas e relatos escritos por Shercklogy, un grupo de seguidores do detective Sherlock Holmes. Os beneficios do libro destinaranse a evitar a destrución da casa.

Anteriormente, a Undershaw Preservation Trust publicou o libro Two, to one, Be, un relato dos esforzos desta asociación por salvar a casa. Podes ver aquí un dos vídeos:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*