Ith Crowfunding, unha saída para a literatura máis híbrida

a_caixa_ithA Fundación Uxío Novoneyra, co apoio do Ministerio de Cultura, puxo a andar este mes unha plataforma literaria que se chama Ith Crowfunding. O proxecto intenta ser un punto de encontro na rede onde potenciais lectores poidan apoiar economicamente proxectos literarios  que polas súas características (especialmente xéneros híbridos ou innovadores) teñen dificultades para atopar quen os publique.

Os primeiros dous proxectos que xa buscan fondos son Primeiros auxilios, unha  proposta de poesía e música de Cintaadhesiva, e o audiolibro PULP, espectáculo de Fantoches Baj a partir de textos de Lois Pereiro.  En Ith Crowfunding teñen unha aplicación para que os interesados poidan expoñer os seus proxectos e pedir fondos á comunidade de usuarios para facelos realidade.

Podes ampliar información en:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*