Galicia escríbese co E.

Un texto de Miguel Anxo Alonso Diz

Tiña o artigo feito cando falei cun representante da editorial Galaxia respecto á publicación de “La niña y el grillo en un barquito” en Galicia.

Miguel Ángel Alonso
Miguel Ángel Alonso

Un escoita as razóns da existencia deste libro na nosa Terra, e sinte: “podíase evitar”. Entre outras cousas, porque sabe que podía evitarse.

O caso é que chego a casa; inicio o computador; busco o artigo dunha páxina e media. E teño a necesidade de incorporar a nova información.

Nese intre penso: “pero a quen carallo lle importa isto?”.

O silencio maioritario que existiu na rede xa me respondeu claramente.

Decido entón botar man das palabras de dous mestres. Palabras escritas na mesma década. Palabras que están plenamente vixentes trinta anos despois.

E a elas incorporo esta opinión:

A historia – e non o presente –  xulgará. Hai demasiados intereses, servidumes,compromisos, amizades, medos e indiferenzas como para que  o tema  sexa tratado coa obxectividade requirida”.

Miguel Ángel Alonso Diz

Vigo,decembro 2013

“… algo está a me proer por dentro e a me preguntar qué foi feito de tanta ilusión, de tanto entusiasmo, de tanta bandeira ergueita contra o escuro. Fungos e sombras voltan a apoderarse dos rostros dos camiñantes da cidade” – do limiar de  Antón e os inocentes.                    .

X.L. MÉNDEZ FERRÍN

Vigo, 10 novembro 1985


“Un pobo que non demanda unha vida cultural sana, que odia a súa língua; un pobo que só se ve no espello do poder; un pobo que ten vergonza de si mesmo, é un pobo morto, é un pobo enfermo, porque o nivel de intoxicación é alto. Tendo por cómplices tanto aos de afora como aos de adentro.”

 

ALFONSO PEXEGUEIRO

A Nosa Terra. 1982

 

1 Comentario

  1. Pois a min, que son consumidorísima da Nena e o grilo, que cantei Cri, cri, cri, cri eu falo así centos de veces, que movín o cu para ir ver en directo a Magín coas miñas pelouras si que me remoe por dentro que se publique La niña y el grillo… E que me chamen o que queiran, pero por min o grilo que pape a nena e que vaian os dous a disneyworld… é a única imaxe que me inspira. E supoño que se a xente non di máis é para non ter que oír o de sempre, que ao final, de tanto oír que es un fundamentalista, case acabas por asumilo.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*