Cris Pavón gaña o Modesto Figueirido co relato ‘Cara a Tiananmen Square’

Cris Pavón
Cris Pavón

A escritora Cris Pavón (A Coruña,1962) vén de inscribir o seu nome nun dos premios de narrativa en lingua galega máis recoñecidos: o Certame Nacional de Narracións Breves ‘Modesto R. Figueirido’, que convoca a Fundación do Padroado Pedrón de Ouro coa colaboración do Concello de Maside. O xurado outorgou dous accésits a Rubén Anido Regueiro e a Clara Isabel Rodríguez.

O xurado elixiu a obra de Pavón entre as 61 presentadas. O tribunal estivo composto por  César Fernández; Luís González Tosar; Cesáreo Sánchez; Gonzalo Navaza; e Isidro Novo. O galardón, que está dotado de 1.000 euros, entregarase o vindeiro 28 de decembro.

Cris Pavón explicoulle a Letra en Obras que “Cara a Tiananmen Square” -homenaxe ao Cara a Times Square de Camilo Gonsar- e sitúase no traxecto que fai un home Beijing adiante do Zara da rúa Xidan ao Zara da rúa Quianmen, dándolle voltas as súas circunstancias vitais, tan pouco claras como o ar que o arrodea agás nunha cousa: ten que atopar un traballo”

 

1 Comentario

  1. Parabéns a ela, pois, e espero que se sigan a publicar os relatos premiados logo da desfeita do Grupo Sargadelos. É curioso o que pasa con este premio. Ata hai moito pouco, coidaba un que xa non se convocaba. As súas complicacións ata mediados dos noventa aínda son do melloriño da narrativa breve en galego.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*