Como estragar unha escena sexual nun parágrafo

sexA revista inglesa Literary Review fallou este mes o seu galardón Bad Sex Award, que premia con retranca o peor tratamento de escenas de sexo en libros en lingua inglesa. Este 2013 o temido galardón foi parar a Manil Suri, pola súa novela The city of devil. O xurado considerou que nesta novela hai unha pésima narración das escenas sexuais. Este é un dos exemplos:

“De seguro que houbo supernovas que explotaron naquel instante, nalgún lugar, nalgunha galaxia. O refuxio desaparece e con el o mar e a area. Só o corpo de Karun, ensarillado co meu, permanece. Pasamos a toda velocidade, coma superhéroes, deixando atrás soles e sistemas solares, mergullados entre bancos de quarks e núcleos atómicos. Celebrando a nosa cuarta estrela atravesada, diante do xúbilo dos estatísticos de todo o mundo”.

De todos os xeitos, outros finalistas estiveron a piques de marchar co premio. Un deles foi o novelista Éric Reinhardt por The Victoria System:

“A cremalleira da súa saia rebentou entre as súas unllas como unha lancha motora por un mar sen olas…a miña erección medrou ao mesmo ritmo debaixo dos calzóns”

Compartir
Artigo anteriorNo mar, como na terra
Seguinte artigoMitocondrias

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*