Cales son as mellores novelas norteamericanas?

Louise Erdrich
Louise Erdrich

O póker de ases da narrativa norteamericana actual fórmano catro escritores que oscilan entre os 75 e os 80 anos: Philip Roth, Cormac McCarthy, Don DeLillo e Thomas Pynchon. Evidentemente, esta é unha proposta, poida que apoiada por moitos, pero unha simple proposta. Onde están as mulleres? Esa e moitas outras preguntas xorden no interesante artigo que o escritor e profesor Eduardo Lago publicou o verán pasado na revista dixital Culturamas.

Para o autor do artigo a razón de que non emerxa na lista anterior ningunha muller ten que ver, ao igual que nas restantes literaturas, porque nos Estados Unidos a crítica está composta de xeito por maioritario por homes. E como exemplo pon catro grandes novelistas estadounidenses: Joyce Carol Oates, E. Annie Proulx, Marilynne Robinson e Toni Morrison.

1 Comentario

  1. Á nosa aula correspondeulle un sendeiro entre hortensias. Así, os nenos/as sabedores de que é unha das flores preferidas da súa mestra, nestes días sorpréndennos con fermosos ramos delas. A elevada temperatura do centro non permite que duren moito, polo cal pensamos de que modo poderíamos conservalos ao longo do curso. Secalas é unha posibilidade e pintalas, outra.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*