Xerais publicará a obra gañadora do XVI Certame de Relatos Curtos Ánxel Fole

Ánxel Fole
Ánxel Fole

A edición deste ano do premio Ánxel Fole de Relatos Curtos trae novidades. Nesta ocasión haberá un só galardón (catro mil euros en metálico) e o premiado tamén verá publicada a súa obra en Edicións Xerais. Dende a Concellaría de Cultura de Lugo, o organismo que impulsa este certame, sinalan que esta é unha maneira de darlle pulo a un premio e tamén ao autor ou autora que o gañe.

As obras poderán consistir tanto nunha novela curta coma nun conxunto de relatos. En calquera caso a extensión deberá estar entre as 50 e 100 páxnas (entre os 90 mil e os 180.000 caracteres). O prazo de entrega remata a finais deste ano.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*