Pagan 10,4 millóns de euros polo primeiro libro impreso en América do Norte

BayPsalm.jpg.CROP.article920-largeAlguén gastou esta semana a incrible cifra de 10,4 millóns de euros (14,16 millóns de dólares) por un exemplar de “The Bay Psalm Book”, que se imprimiu en Cambridge (Massachussetts) en 1640 e que está considerado o primeiro libro impreso no que hoxe coñecemos como os Estados Unidos de América. Naquel entón tiráronse 1.700 exemplares das que só quedan, que se saiba, once copias no mundo.

A obra subastada por Sotheby’s  é un libro de salmos que foron traducidos e impresos no século XVII polos puritanos congregacionistas que saíran de terras inglesas á procura de máis liberdade relixiosa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*