Infinitivo definitivo

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Marchar, partir, irse, saír… e sentir o rizón cravado na alma coa inmensa forza do pasado ás costas.

Miguel Ángel Alonso
Miguel Ángel Alonso

Maldicir o amor pola terra que sementa feridas nos ollos espidos, e chorar en silencio nesta fermosa noite ao carón do cadavérico Pazo do Real.

Ollar os gatos que non emigran máis alá da entrada e caer rendido ante a súa resistencia.

Facer todo isto no infinitivo definitivo e sentir o infindo do tempo vivido na diáspora.

Romper co pasado é imposible nesta terra na que até a lingua emigra cara ao esquecemento.

Pensar en correr por riba das bateas a xogar coas estrelas que latexan na ría. Ser un ser inalcanzable e resistir ante as palabras que teiman en botarnos a todos fóra.

Sorrir ante a tormenta que camiña, e alzar a rexa man ante un destino de abandono e ausencia imposta.

E no medio de todo isto… Sentir o rizón cravado na alma coa inmensa forza do pasado ás costas.

3 Comentarios

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*