Elías Portela, do galego ao castelán facendo escala en Islandia

Elías Portela (Elías Knörr)
Elías Portela (Elías Knörr)

O poeta Elías Portela naceu en Cangas hai 32 anos pero xa leva unha década morando en Islandia onde é coñecido literariamente como Elías Knörr. Escribindo en galego e en islandés, Elías Portela está a abrir novos sucos na poesía e é sorprendente o ben que conseguiu conectar cos amantes da poesía en Islandia. De rebote, seguramente polo éxito en terras nórdicas, agora Elías Portela chega ao castelán da man de Luces de Gálibo. A editora barcelonesa poñerá en circulación o libro de poemas Con pechos desenchufados, que xa fora publicado en galego hai tres anos por Barbantesa.

O xornal ABC, e outros medios do grupo Vocento, como El Norte de Castilla, publicaban este domingo unha extensa reportaxe sobre o autor galego facéndose eco desta nova.

  • Elías Portela recitando en galego e islandés:

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*