E se che comunican que gañaches o Pérez Parallé de Poesía mentres dás a volta ao mundo?

Fran Cortegoso
Fran Cortegoso

O pasado domingo fallouse en Fene a XXVI edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé. O gañador foi Fran Cortegoso (Pontevedra, 1985), que se impuxo co poemario Memorial & danza, non poderá estar  o vindeiro sábado na entra do mesmo porque se atopa de viaxe polo mundo. Concretamente a nova do galardón colleuno na India.

O xurado, composto polos tamén poetas Olalla Cociña, Marisol Gándara e Ramón Blanco subliñou “a descuberta dunha voz singular cun contido alento reflexivo despregado nunha sintaxe pouco convencional e un ritmo coidado. O poemario apóiase en luminosas imaxes cun forte enraizamento no fluír temporal da natureza”. O premio leva canda si a publicación da obra gañadora e un pago en metálico de 600 euros.

Podes ver a nova do fallo no blog da organización

1 Comentario

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*