Doris Lessing: a vida nas letras

Doris Lessing
Doris Lessing

 

Esta fin de semana levou canda si a unha das grandes da literatura. A escritora Doris Lessing, Premio Nobel de Literatura en 2007, finou aos 94 anos. Detrás deixa unha recoñecida obra na que os conflitos culturais, as inxustizas e o racismo son cerne da súa temática literaria. Nos últimos anos abrazaría o xénero da ciencia ficción.

Comprometida politicamente cos ideais de esquerda, Lessing publicou en 1962 a novela O caderno dourado, que a convertería tamén nunha icona do movemento feminista internacional. Traballos posteriores como A boa terrorista ou O quinto fillo, confirmaron a Lessing como unha das grandes novelistas en lingua inglesa.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*