Culturgal 2013: cantos menos cartos, máis necesarias son as ideas

presentacion-culturg1A crise que arrastramos como unha cadea dende hai cinco anos está a cebarse con sectores económicos como o cultural. A notable mingua de ingresos nos fogares fai que o gasto en cultura sexa considerado como un luxo para boa parte da poboación, a isto hai que sumar os fortes recortes no gasto público (vitais para moitos proxectos culturais) e tamén a explosión dun novo tempo dixital que colleu ao sector co pé cambiado. Toda esta mestura fai que un tecido tan importante para o país (emprega de xeito directo a 11 mil persoas) pida a berros unha reinvención.

Quizais o mellor síntoma de como está a industria é a súa feira máis emblemática: o Culturgal. Este mércores presentouse en Pontevedra a que será a sexta edición. Os organizadores xa anunciaron que o evento contará cun orzamento de 120 mil euros, algo menos da metade do orzamento ca na pasada edición. A Xunta con 60 mil euros (fronte aos 170 mil da pasada edición) e o Concello de Pontevedra con 30 mil (mantén o mesmo apoio), son o garante de case o 75% do custe da feira. O resto dos ingresos virán dos expositores e dos propios asistentes, que por vez primeira terán que pagar algúns dos espectáculos que se programan.

Con crise e sen crise, o Culturgal segue a ser unha espléndida ocasión para coñecer diferentes iniciativas nas que está a traballar o sector. Na web da feira podes ver toda a información sobre a edición deste ano que se celebra en Pontevedra os días 29 e 30 de novembro e mailo 1 de decembro.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*