‘Transmuta’, de Xabier Cordal, e ‘Murguía’, de Xosé Ramón Barreiro, Premios da Crítica Galicia 2013

Xabier Cordal
Xabier Cordal

Xabier Cordal vén de ser elixido este sábado como mellor obra de literatura en galego dos publicados ao longo do ano pasado. O libro de poemas Transmuta, editado por Xerais, obtivo a maioría dos votos nun xurado formado por Agustín Fernández Paz, Antonio García Teijeiro, Marta Neira, María Xesús Nogueira Pereira, Chus Pato Díaz, Cesáreo Sánchez Iglesias  e María do Cebreiro Rábade Villar. A noite branca, de Francisco Fernández Naval e Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, foron as outras dúas obras finalistas.

Sobre Transmuta, o xurado afirma no seu ditame que “anoa a intimidade e o sentido comunitario. A súa dignidade e a súa altura emanan da potencia de lle dar voz á vida núa, á vida que resiste sendo pura existencia.”

Noutro dos apartados, o Premio de Investigación, o galardón foi para Murguía, de Xosé Ramón Barreiro Fernández (Galaxia). As obras Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais), e Artigos sobre Rosalía de Castro, de Francisco Rodríguez.

O Premio a Iniciativas Culturais recaeu no Cultugal; O Premio de Artes Plásticas e Visuais foi para o fotógrafo Xulio Gil; O Premio de Artes Escénicas e Audiovisuais recaeu na compañía Voadora.

Os galardóns entregáronse este sábado no Hotel Os Escudos de Vigo no transcurso dun xantar no que participaron numerosos representantes da vida cultural galega.

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*