Premio Rosalía de Castro de Poesía, 27 anos de conexión poética galaico-catalá

Público nunha entrega do premio
Público nunha entrega do premio

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) ten aberto o prazo para a recepción de traballos que compitan por vencer no seu XXVII Certame de Poesía. O premio, que xa é un clásico dos certames poéticos en galego, busca poemas ou conxuntos de poemas que non excedan os cen versos. Haberá tres premios que repartirán un total de 1.000 euros en metálico entre os galardoados.

O primeiro vencedor deste premio foi en 1987 Darío Xohán Cabana. Nas seguintes edicións conseguiron o galardón, entre outros, autores como Fiz Vergara Vilariño, Martín Veiga, Alexandre Nerium, Carlos Penela, Baldo Ramos, Elvira Riveiro Tobío ou Alberto Momán.

Podes consultar as bases completas na páxina da AELG

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*