O artigo sobre o suicidio que se suicidou

Un  artigo de Samuel L. Paris

A idea para o artigo era partir das mortes de Manolo Escobar e Lou Reed para reorientar o texto cara á necesidade de máis mortes espectaculares entre os fontaneiros das nosas letras. Estaba certamente motivado a escribir sobre esa temática e até tiña un esquema morniño para non deixar de acañar sobre o tema.

E ao final, nada.

Samuel L. Paris
Samuel L. Paris

O artigo morreu antes de ver un miserento telexornal calquera. De aí o título “O artigo sobre o suicidio que se suicidou”. Enténdese, logo, que quen se suicidou foi o propio artigo, non o suicidio, malia que esa óptica sexa bastante interesante e elegante e teño formigas nos pantalóns. Cambio de parágrafo.

É unha mágoa que ao final non escriba o artigo sobre a necesidade de que moitas e moitos autores NOVOS se suiciden. Planeara detallar os motivos que poderían levar os cágados das nosas librarías a desapareceren, sempre para a súa maior GLORIA, e mesmo reparara en achegar uns cantos métodos para se suicidaren dun xeito BASTANTE GUAPO.

Xa que non vendemos nada, que a literatura que aleitamos non está nin na segunda B das literaturas mundiais, ben podiamos abrirnos un oco grazas a ritos macabros de automatarnos/automemuero.

—¿Te pasé el último de la chica gallega de la que te había hablado?

—Sí. Bastante flojito, la verdad. Aunque, joder, la tía se ató el coño a la parte de atrás de un Alsa La Coruña-Barcelona y se fue desmembrando poco a poco con el roce del asfalto. En esa cabeza tenía que haber algo muy roto. ¡Joder con los gallegos!

—¿No te preguntas como nadie la vió? ¿Y cómo se supone que se ató el coño a la parte de atrás del bus? ¿En las paradas que hay entre La Coruña y Barcelona nadie quiso ayudarla o desatarla?

—¡Putos gallegos! Son los escritores más locos del puto mundo. ¡Me flipan!

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

*